Principios metodolóxicos


  • Acompañamento ós nenos/as dende o respecto e o amor sendo a base do funcionamento do día a día.
  • Un ambiente tranquilo, seguro, cálido e familiar, pois sentíndose relaxados pode actuar de forma libre predominando a exploración e experimentación. 
  • O xogo como actividade principal. O xogo é o motor do proceso de desenvolvemento do neno/a e constitúe a súa actividade principal por medio da cal pon en práctica as súas capacidades e destrezas. 
  • A importancia dos límites, para que os nenos/as se sintan relaxados e se desenvolvan con total seguridade.
  • Respecto aos ritmos de cada neno/a.  O coidado dos procesos naturais do desenvolvemento e aprendizaxe dos nenos/as é un pilar fundamental, onde poden aprender dende o seu desexo de experimentar o mundo, sen presas, sen medo a equivocarse e partindo dos seus propios intereses. 
  • Liberdade de movemento. Confianza plena na iniciativa do neno/a e na sua capacidade para moverse e relacionarse co mundo que lle rodea, obxectos e seres, así como a súa capacidade para a autonomía e a comunicación.
  • Disposición para a comunicación tanto cos nenos/as, creando relaciones donde exista realmente una escoita activa, coma coas familias, de contacto directo, continuo y bidireccional. 
  • Periodo de incorporación. Faremos unha acollida o máis coidada posible, cun tempo propio e personalizado para cada neno/a e para cada familia.

Publicacións populares